Saturday 04 de May de 2024

O xoves abre o prazo de inscrición para o “Obradoiro do corpo”


O vindeiro 15 de marzo reiníciase a actividade Obradoiro do Corpo que se desenvolverá entre a Casa da Cultura de Perillo e a polideportiva da II República. Será todos os mércores, ata final de ano, en horario de mañá.

O Obradoiro do Corpo é unha actividade corporal deseñada para mulleres, que ten por obxectivo o apoderamento persoal e colectivo, fomentar hábitos de vida saudábeis, e favorecer unha maior vida social, á vez que se establece unha rede de apoio mutuo entre as mulleres participantes. Este obradoiro forma parte do amplo programa de actividades dirixidas ás mulleres para o seu benestar físico e emocional, desde unha perspectiva de xénero.

As mulleres interesadas en participar poden inscribirse na Sede electrónica do Concello, desde este xoves 16 de febreiro ata o xoves 8 de marzo. É posible obter máis información chamando ao teléfono 981 610 000 (extensións 3503 e 3120) ou escribindo un correo a igualdade@oleiros.org.